Convocatoria UVEX: resolvemos as dúbidas

No día de onte coñecíase o borrador do CGM das Escalas Básica e Subinspección que se verá na Comisión de Persoal e Proxectos Normativos do vindeiro 26 de xaneiro.

 

Premendo no seguinte link podes acceder ó documento no que figuran as 58 prazas ofertadas e as bases do concurso. Esta resolución é provisional e por parte do SUP faranse as pertinentes alegacións, tras o estudo que se está a levar a cabo e que nos podedes achegar a través do voso comité.

 

A través desta publicación queremos solventar as principais dúbidas que nos nos estades a plantexar.

 

¿quén pode optar a estas prazas?

 

calquera compañeiro en situación de activo que cumpla os requisitos do convenio asinado entre Interior e a Xunta en materia de UVEX, 55 anos cumpridos e 25 de servizo.

 

¿estas 58 prazas xeran vacantes no vindeiro CGM ordinario de EB e ES?

 

Non. A súa resolución está prevista para despois da convocatoria do CGM ordinario co que non afectará ás prazas que se convoquen a través do CGM de 2024 e cuxo borrador se coñecerá a mediados do mes de febrero.

 

¿e afectarán para o CGM do 2025?

 

As únicas vacantes que se xerarían serían as de funcionarios que se atopan actualmente nas UVEX ocupando duas prazas na mesma plantilla -unha en comisión de servizo na propia UVEX e a outra por CGM en pripiedade- Descoñécese o número exacto pero nos últimos anos, ao persoal que pedíu vacante en comisión de servizo nas UVEX, obrigáronlle a reunicar ó posto de traballo en orixe, mantendo a plantilla, pero liberando ese posto de traballo, permitindo así que se puidese convocar. Tamén xerarían vacante no CGM do 2025, aqueles compañeiros que liberen un posto de traballa nunha plantilla diferente á que obteñen praza nas UVEX. Por exemplo, un Policía destinado, por CGM, na Coruña que gaña un destes postos de traballo nas UVEX en Ferrol, forzaría á División de Personal a computar esa vacante no CGM do 2025 na Coruña. O personal que libera unha praza por CEM non tería incidencia nos seguintes CGM.

 

¿é posible que un Policía que non está actualmente destinado, en comisión de servizo nas UVEX, se faga acreedor da vacante en detrimento dun que xa está destinado nese serivizo?

 

Sí, para a valoración dos méritos estarase á Orde do MI de 5 de outubro de 1989, baremando a antigüedade, as recompensas e os servizos profesionais específicos. Neste senso pode darse a circunstancia de que, por exemplo, nunha plantilla onde convocan o mesmo número de vacantes que funcionarios están prestando servizo actualmente, poida quedar sen a praza en propiedade algún compañeiro dos que a está desempeñando provisionalmente en comisión, tendo que resolver a División de Persoal a cuestión, podendo decidir se deixalo en Comisión de Servizo nas UVEX, sempre que houbese algunha vacante libre, en Atribución Temporal de Funcións, en caso de atoparse todas os postos de traballo das UVEX ocupados ou asinarlle o posto que tiña en orixe en caso de no ter renunciado ó mesmo. Polo contrario, a División de Persoal tería que proporcionarlle un posto de traballo libre na súa plantilla.

 

¿se estou destinado na UVEX actualmente, teño a obriga de participar neste concurso?

 

Sí. En caso de non facelo, a División de Personal, previsiblemente cesaría a Comisión de Servizo.

 

¿cándo está prevista a súa publicación?

 

A vindeira semana, na reunión previa ó Consello de Policía, ca División de Persoal, informaránnos con máis detalle pero calcúlase que tras o iniforme na CPPN, do 26 de xaneiro, se publique na Orde Xeral do 5 ou do 12 de febreiro.

 

¿cál é o motivo de que estas prazas non se convoquen ó tempo que o CGM ordinario?

 

A División de Persoal sempre foi contraria a convocar estas prazas a través da forma de provisión establecida no Catálogo de Postos de Traballo, que é o CGM, alegando que para cumprir os requisitos específicos do Convenio das UVEX a única forma de facelo era a Atribución Temporal de Funcións, ata 2016, e a Comisión de Servizo, a partir de entón, xa cos postos de traballo integrados no Catálogo.

 

¿por qué neste CGM se ofertan postos de traballo en lugar de plantillas?

 

A División de Persoal négase, con argumentos sen preso, a convocar os CGM de Inspectores, Subinspectores, Oficiais e Policías por postos de traballo, tal como marca o Reglamento de Postos de Traballo, en lugar de facelo por plantillas. Todo isto a pesar das recomendacións do Defensor do Pueblo e de consideracións xudiciais que ata o momento non conseguiron ter carácter executivo. Neste caso, para conxugar a forma de provisión reglamentaria cos criterios establecidos no convenio de colaboración convócase por plantillas o CGM para as UVEX. Agardamos que, tal como pedimos as organizacións sindicais, que no futuro, todos os CGM se convoquen por postos de traballo, reducindo o carácter subxectivo das redistribucións de efectivos que acometen, en máis ocasión das desexadas, algúns responsables policiais.

 

¿cáles son las retribucións do persoal UVEX?

 

O seu Complemento Específico Singular é o máis baixo do Catálogo, tendo a mesma cuantía anual que o POP, -3074 euros- e o Nivel de Complemento de Destino é tamén o máis baixo da Policía Nacional -17-. As UVEX non reciben a productividade DPO pero perciben, un incentivo que abona a DGP gracias á inxección que, tras a pertinente certificación, fai a Xunta de Galicia. Este incentivo é maior nas ciudades onde se ubica xulgado de garda. Cómpre recordar que no ano 2018, os compañeiros destinados nas UVEX estiveron preto dun ano sen precibir a productividade das UVEX, a pesar de que Xunta abonaba puntualmente as partidas. A DGP retivo o montante por incidencias ca intervención. Este feito motivou as protestas do Sindicato. El SUP exige el pago de complementos a los policías de los juzgados (atlantico.net)

 

Dende o SUP defendemos este servizo, o papel do noso anterior secretario Xeral, José Freire, no ano 2002, foi chave para que a Policía Nacional ocupe este espazo. Tamén, no ano 2017 a intervención do Sindicato foi decisiva para que se rebaixase a idade de acceso a estas prazas, dos 58 aos 55 anos. Seguiremos defendendo o magnífico traballo que fai o personal adscrito ás UVEX e estaremo ó seu carón na defensa dos seus dereitos.

 

Facebooktwittermailby feather

También te podría gustar...