Reivindicamos un CEM urxente para a Unidade de Policía Adscrita á Xunta

O SUP reivindica o incremento de efectivos da Unidade de Policía Adscrita á Xunta de Galicia de cara ó Xacobeo

Esta mañá, representantes do Sindicato Unificado de Policía en Galicia reuníronse co Vicepresidente da Xunta e co Director Xeral de Emerxencias e Interior para reivindicar a necesidade de incrementar, de forma urxente, os efectivos da Unidade de Policía Adscrita á Xunta de Galicia que na actualidade conta con 397 policías de tódalas escalas e categorías e que antes do mes de xuño, baixará ata os 388 integrantes en toda a comunidade. Esa perda de 9 axentes nos próximos meses será consecuencia do traslado a outras plantillas, ascensos e xubilacións. Este número situará á UPA en rexistros do ano 2006. O número máis alto de integrantes foi no ano 2013, con 474.

De cara ó vindeiro ano Xacobeo, a UPA precisa completar o catálogo de postos de traballo que na actualidade é de 500 axentes. Tamén lle foi trasladada aos respondables da Xunta a necesidade de instar á Dirección Xeral da Policía a que, nun período curto de tempo, modifique o catálogo de postos de traballo, incrementándo ata os 700 axentes. Actualmente a Xefatura de Santiago conta con 173 membros, as Unidades de A Coruña, Lugo e Vigo dispoñen de 44 funcionarios policiais, Pontevedra de 45 e Ourense de 47. Números que dificultan a operatividade e que non van na liña das novas funcións que nos últimos tempos asumíu a UPA.

Tamén instamos á modificación do actual convenio entre o Ministerio do Interior e a Xunta de Galicia, engadindo unha cláusula, a través da cal se obrigue á Dirección Xeral da Policía a convocar, unha vez ó ano, tódalas vacantes que se produzan na UPA para evitar chegar á situación actual. Expresamos igualmente a necesidade de eliminar, das bases do Concurso Específico de Méritos a entrevista persoal, primando os anos de servicio na Policía Nacional por enriba de calquera outro criterio.

O SUP solicitou por escrito e tamén de forma verbal na ultima Comisión de Persoal do Consello da Polícia, celebrada o pasado venres, o incremento das prazas da UPA e a modificación do Catálogo de Postos de Traballo.

Facebooktwittermailby feather

También te podría gustar...

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *