Moción en el Concello de Santiago tras la protesta del SUP

O grupo municipal socialista presentará no vindeiro pleno de decembro unha moción na que se instará ao Ministerio do Interior a impulsar unha serie de melloras de persoal e de medios na Comisaría de Santiago, así como a manter a centraliña nas dependencias locais e non como se vai facer a partires de marzo de 2017, data na que as chamadas comezarán a ser atendidas dende A Coruña. Paco Reyes compareceu ante os medios para realizar este anuncio despois de manter unha reunión no grupo municipal con representantes do Sindicato Unificado de Policía (SUP), que explicaron polo miúdo aos edís do PSdeG-PSOE a situación na que se atopa a Comisaría local. Por outra banda, Reyes respostou ao voceiro do PP, Agustín Hernández, sobre a EDAR, asegurando que “consenso sobre as infraestruturas e todo o que non sexan infraestruturas, todo, pero pactos de silencio, ningún”.
Cun déficit de persoal dun 28% -dez puntos por enriba do déficil medio en Galicia-, o que se traduce en 64 prazas de axentes sen cubrir -o catálogo de persoal establece 277 e na actualidade hai 213-, a situación da Comisaría de Policía Nacional de Santiago é “tremendamente grave”. Unha situación, segundo explicou esta mañá o voceiro socialista, Paco Reyes, vai a peor se a esta falta de personal engadimos outras demandas que están sen atender por parte do Ministerio do Interior. A este respecto, e despois de manter unha reunión con representantes do SUP, o voceiro socialista citou o silencio dende o pasado 24 de febreiro á solicitude de servizos extraordinarios para o aeroporto de Lavacolla; a eliminación da presenza policial permanente en setembro ante a apertura extraordinaria da Porta Santa; a existencia en verán dun único coche patrulla, cando tiñan que estar operativos na cidade un total de catro; ou o reforzo da Oficina de Denuncias con persoal de investigación, o que provoca un retraso nas investigacións que se levan a cabo, entre outras.
Estas deficiencias, sumadas ao feito de que, por exemplo, malia contar con galería de tiro, Santiago non ten praza de instructor (Lugo si ten praza e non conta con galería), non hai guías caninos, nin inspección de subsolo, nin Cedax (teñen que vir da Coruña), deixan á nosa cidade nunha situación “moi grave”.

“Tanto, que se vemos a evolución dos delictos, constatamos un incremento do 40% en roubo con violencia e intimidación, de máis do 20% en substracción de vehículos ou preto dun 30% máis en tráfico de drogas”, destacou Paco Reyes, que tamén alertou do importante incremento no tempo de asistencia ás chamadas, que chega a multiplicarse por catro. Así, por exemplo, nas denuncias por violencia de xénero, o tempo establecido é de catro minutos; tempo que chega a ser de 16 pola falta de persoal e medios. E isto, como subliñou o edil socialista, pode ter consecuencias tráxicas.

A decisión do Ministerio de centralizar as chamadas na Coruña tamén repercutirá negativamente en todo o exposto anteriormente e, polo tanto, o grupo municipal socialista incluirá, na moción que presentará no pleno ordinario do vindeiro mes de decembro, un punto reclamando a Interior que manteña a centraliña en Santiago porque, sen dúbida, o cambio a partires do marzo de 2017, terá consecuencias negativas para o conxunto da cidadanía.

Ademais da moción, Reyes pregúntalle ao alcalde cántas veces reuniuse co subdelegado do Goberno para tratar estas cuestións e qué xestións levou a cabo para acadar a dotación necesaria. “Que fixo Martiño Noriega para reclamar esas 64 prazas?”, dixo o concelleiro socialista.

Fonte: Radio Obradoiro

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *